Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Descubrindo o Parque Nacional

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Inscrición

Catro días antes da visita. Consultar ligazón

Ámbito
Galicia
Contenido

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza este inverno un total de 14 rutas guiadas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG). Baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional, estas visitas, de carácter totalmente gratuíto e dirixidas por guías profesionais do parque, pretenden contribuír a dar a coñecer o patrimonio natural e ambiental do arquipélago fóra da tempada estival.
Os interesados en participar nalgunha das rutas poderán reservar a súa praza a partir do próximo luns na web de reservas dos parques nacionais (https://www.reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/index.aspx) ou facelo de forma presencial nas oficinas do Parque Nacional en Vigo (rúa Oliva, nº 3) ou no centro de visitantes (rúa Palma, nº 4).