A progresiva transformación cara a unha economía máis descarbonizada está a producir cambios que inducen ao uso de hidrocarburos líquidos obtidos de fontes renovables biolóxicas, como a biomasa ou residuos orgánicos (biocombustibles), nunha economía circular.
Tamén é posible obter combustibles sintéticos grazas á incorporación doutros tipos de enerxía como a electricidade ou o hidróxeno, xerados mediante fontes renovables ou ben
mediante captura do CO2 emitido.
Con este propósito, as empresas petroleiras están a abordar diferentes opcións estratéxicas e a distintas velocidades, coa necesaria sincronización entre o aumento do investimento en enerxías limpas e a diminución progresiva de combustibles fósiis, para garantir unha transición exitosa.
Ao longo do programa obterás respostas sobre :
- A previsible evolución das compañías petroleiras cara a compañías multi-enerxéticas.
- O modelo actual de negocio e a súa progresiva evolución para afrontar con éxito a transición enerxética.
Contenido
