Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Curso superior Introdución ás axendas urbanas: das estratexias de desenvolvemento urbano sustentable e integrado ás axendas urbanas (DUSI). Novas oportunidades para as entidades locais galegas.

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Cursos
Organizador
Escola Galega de Administración Pública - EGAP.
Inscrición

Ata as 23.55 horas do día 8 de outubro de 2019.

Ámbito
Galicia
Contenido

O curso ten, entre outros, os seguintes obxectivos:
1º. Dar a coñecer ao persoal da Administración pública de Galicia os distintos aspectos dun novo escenario de axendas internacionais e urbanas que ofrece novas oportunidades ás cidades.
2º. Profundar nas relacións entre as distintas axendas e o grao de integración entre elas nos distintos niveis e ámbitos territoriais de implementación, e o rol que as axendas urbanas teñen na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS)(Axenda 2030) nos seus territorios.
3º. Transmitir a necesidade de integrar os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) e o seu sistema de indicadores nas políticas públicas municipais e autonómicas.
4º. Dar a coñecer un conxunto de metodoloxías e criterios para fortalecer as capacidades de organización e de acción conxunta local para abordar a realización dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) nas nosas cidades e territorios.