Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Curso monográfico A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas galegas.

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Cursos
Organizador
Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Inscrición

Ata as 23.55 horas do día 12 de xuño de 2019.

Ámbito
Galicia
Contenido

O obxectivo principal deste curso monográfico é crear conciencia sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e abordar as necesidades teóricas e prácticas para que o persoal destinatario da actividade poida incorporar os obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030 aos seus ámbitos de traballo.
De maneira específica abordaranse, entre outros, os seguintes temas:
• A cooperación para o desenvolvemento e a axuda humanitaria.
• A política da Xunta de Galicia na materia.
• Os obxectivos para o desenvolvemento sustentable e a Axenda 230, con especial mención ás universidades galegas.
• O IV Plan director da cooperación galega.