Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Curso formación de guías na Rede de Parques Nacionais (PN Illas Atlánticas)

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Cursos
Organizador
CENEAM
Inscrición

Do 19 de febreiro ás 08:00 h (a.m) ao 1 de marzo ás 08:00 h (a.m)

Ámbito
Galicia
Contenido

O obxectivo do curso é ofrecer a formación necesaria para poder exercer axeitadamente o labor de guía no Parque Nacional, razón pola que está enfocado a dar aos participantes as ferramentas, técnicas e bases conceptuais imprescindibles para o desenvolvemento de actividades didácticas e a dinamización de grupos.
A formación teórica afondará en materias relacionadas coa lexislación correspondente e o Plan reitor de usos e xestión do parque, cuestións relativas á fauna, á flora e ao medio mariño dos catro arquipélagos, do seu patrimonio cultural, histórico e etnográfico ou das rutas existentes nas illas, incluíndo recomendacións específicas para garantir que as persoas con diversidade funcional teñan unha mellor experiencia durante a súa visita.