Quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
-Dotar aos participantes dos coñecementos necesarios para poder previr e evitar todos os riscos aos que vai estar exposto durante o desenvolvemento da súa actividade laboral.
-Proporcionarlles aos alumnos as nocións básicas sobre toda a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais e, de xeito especial, sobre a que se refire á seguridade e saúde nos servizos de xestión de residuos sólidos urbanos.
-Actualizar os coñecementos e a práctica profesional do persoal das entidades locais con postos de traballo relacionados coa xestión e o tratamento de residuos sólidos urbanos.
-Dotar aos asistentes dunha formación integral, teórica e práctica, en materia de organización, funcionamento e xestión dos servizos de recollida de residuos sólidos urbanos.
-Aprender a xestionar os residuos sólidos urbanos mediante as medidas preventivas específicas de cada posto de traballo nesta actividade.
