A Axencia Galega de Innovación (GAIN), responsable de fomentar e vertebrar as políticas de innovación en Galicia, está levando a cabo o proceso de avaliación intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia para o período 2014-2020 (RIS3). Esta estratexia utiliza a innovación como o piar a través do cal responder aos retos aos que Galicia se enfronta como sociedade e como economía.
Neste sentido, a participación da sociedade no proceso é clave, dado o impacto que a innovación ten na sociedade e o seu potencial para axudar a afrontar os seus retos. A información recibida servirá para definir as prioridades das futuras políticas públicas de innovación.
Para iso, GAIN solicita a colaboración da cidadanía a través da resposta ao seguinte cuestionario online e a súa difusión a través da ligazón.
Contenido
