Consultar base 3. Requisitos dos aspirantes.
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección de persoal con carácter temporal e en réxime laboral para a Brigada de Prevención e Defensa contra incendios forestais no marco do convenio interadministrativo entre a Consellaría de Medio Rural e a entidade local Concello de Burela para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
- Un XEFE DE BRIGADA; grupo de cotización 3. Categoría profesional: Encargado de equipo.
- Un PEÓN CONDUTOR; grupo de cotización 10. Categoría profesional: Peón.
- Dous PEÓNS DE BRIGADA; grupo de cotización 10. Categoría profesional: Peón.
Concello de Burela
(5) días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.
