As propostas poderán ser presentadas por entidades xurídicas rexistradas na Unión Europea e poderán pertencer a tres tipos de beneficiarios: organismos públicos, organizacións comerciais privadas, e organizacións privadas sen ánimo de lucro, incluídas as ONG.
Convocatoria para proxecto LIFE en 2023. A convocatoria contempla os seguintes tipos de proxectos:
Proxectos de acción normais (SAPs) para os subprogramas Natureza e Biodiversidade, Economía Circular e Calidade de Vida e Mitigación do Cambio Climático e Adaptación ao mesmo.
Proxectos estratéxicos integrados (SIPs).
Outras accións no marco do subprograma Transición cara ás Enerxías Limpas (CET).
Proxectos de asistencia técnica para a preparación de SIPs e SNAPs (TA-PPP).
Proxectos de asistencia técnica para a replicación (TA-R).
Proxectos preparatorios. Proxectos que abordan prioridades lexislativas e políticas ad hoc (PLP).
European Commssion
