Consultar base Cuarta.- requisitos dos aspirantes.
O obxecto desta convocatoria é a selección de dez persoas como persoal laboral temporal (máximo tres meses de duración) para realizar actuacións de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais no marco do convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e entidades locais para a participación na prevención e defensa
contra incendios forestais durante o ano 2019, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento (FEADER) no Marco do PDR de Galicia 2014-2020”:
-Dous xefes de brigada.
- Dous peóns de brigada – condutor.
- Seis peóns de brigada.
Concello de Viano do Bolo
5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da oferta laboral no BOP.
