Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Convocatoria do Congreso Xuvenil Virtual Internacional CLMNTK19

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Congresos
Organizador
Climántica.
Inscrición

Ata o 31/05/2019.

Ámbito
Internacional
Contenido

Este congreso virtual internacional ten dúas grandes finalidades:
Sensibilizar á poboación, a través da elaboración e publicación no portal do congreso virtual, produtos multimedia sobre os retos ambientais globais contemporáneos: cambio climático, enerxía, auga, cambio global no océano, conservación da biodiversidade xenética, ecosistemas tropicais e capital biocultural.
Seleccionar, de acordo coas bases expresadas nesta convocatoria, aos estudantes que participarán nos campus xuvenís internacionais Climántica Iberoamérica 2019 en San José de Costa Rica (do 8 ao 12 de abril) e Climántica en Fábrica, Centro e Ciencia Viva na Universidade de Aveiro (do 4 ao 8 de setembro). Así mesmo, aos docentes que orientarán os produtos elaborados polos estudantes, para formar parte do seminario docente de investigación-acción sobre o campus acreditado polas organizacións universitarias colaboradoras.