Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Convocatoria de concesión de axudas da Fundación Biodiversidade, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos en materia de adaptación ao cambio climático 2017

Data da norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito normativo
Estatal
Data de publicación
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Ámbito
Estatal
Destinatarios

-Entidades e organizacións sen ánimo de lucro. -Os organismos públicos de investigación, universidades públicas, corporacións de dereito público profesionais. -As administracións públicas e entidades locais que estean integradas en redes ou programas de ámbito estatal ou comunitario. -As entidades mercantís, ou outras persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, nos casos e coas especificidades e requisitos esixidos en cada convocatoria.

Obxecto

Apoiar a realización de actividades relacionadas coa biodiversidade e o medio ambiente, sempre que se adecúen directamente aos fins da FB previstos nos seus Estatutos, e que presenten maior idoneidade para recibila con arranxo aos criterios establecidos. Só se apoiarán actividades que garden relación directa coas Liñas de Actuación que integran o Plan de Actuación aprobado anualmente polo Padroado da FB, e que, a data de publicación, son as seguintes: -Biodiversidade terrestre. -Biodiversidade mariña e litoral. -Cambio climático e calidade ambiental. -Economía e emprego verde. -Relacións internacionais.

Convoca

Fundación Biodiversidade.

Prazo

Ata o 31 xaneiro 2018 14:00 (Hora Peninsular).