Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Convocatoria da XII edición Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento

Data da norma
Ámbito normativo
Internacional
Data de publicación
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Ámbito
Internacional
Destinatarios

Os/ as candidatos/ as serán unha ou máis persoas físicas de calquera nacionalidade, sen límite de número, cando realizasen achegas independentes ou converxentes a un determinado avance, ben a través da colaboración formal entre elas (formando parte dun ou máis equipos), ben de maneira paralela. Poderán tamén ser candidatos organizacións científicas ou culturais ás que poidan atribuírse de maneira agregada contribucións excepcionais nos ámbitos do coñecemento científico, a creación cultural e as actuacións ante o cambio climático.

Obxecto

Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento son expresión do compromiso de responsabilidade social do grupo financeiro BBVA co recoñecemento da investigación e a creación cultural de excelencia en diversas áreas do coñecemento.
Constan das seguintes categorías:
1. Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas).
2. Bioloxía e Biomedicina.
3. Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
4. Ecoloxía e Bioloxía da Conservación.
5. Cambio climático.
6. Economía, Finanzas e Xestión de Empresas.
7. Humanidades e Ciencias Sociais.
8. Música e Ópera.

Convoca

Fundación BBVA.

Prazo

A partir do 1 de xaneiro e ata as 23 horas GMT do 30 de xuño de 2019.