Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

CONVOCATORIA 2019 DE PROXECTOS CLIMA

Data da norma
Ámbito normativo
Estatal
Data de publicación
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Ámbito
Estatal
Destinatarios

Non existe ningunha limitación para a participación nesta Convocatoria de Proxectos Clima a ningún tipo de suxeito. Deste xeito os Proxectos Clima poden ser propostos tanto por entidades privadas de distinta índole (PEMES, consultoras, provedores de tecnoloxía, empresas de servizos enerxéticos, asociacións, fundacións, etc.) como por institucións públicas (Concellos, Deputacións Provinciais, Comunidades Autónomas, etc.). Tamén un mesmo suxeito pode presentar máis dun proxecto.

Obxecto

Os Proxectos Clima do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable son proxectos de redución de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro ( GEI) situados en España e desenvolvidos nos coñecidos como “sectores difusos” (non suxeitos ao sistema europeo de comercio de dereitos de emisión). O FES-CO2 incentiva a realización destes proxectos mediante o pago aos promotores seleccionados dunha cantidade determinada por tonelada de CO2 equivalente ( tCO2e) reducida e verificada.
Sectores de actividade potencialmente beneficiarios do FES-CO2:
- Agricultura e gandería.
- Transporte.
- Residencial, comercial e institucional.
- Xestión de residuos.
- Gases fluorados.
- Pequena Industria.
- Minería.

Convoca

Fondo de Carbono para una Economía Sostenible (FES-CO2).

Prazo

Antes do 26 de abril de 2019.