Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Conversas naturalistas: gaivotas e libros

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
CEIDA
Inscrición

Prazas limitadas

Ámbito
Galicia
Contenido

As gaivotas son un dos grupos de aves de maior atracción para os ornitólogos/as ou aficionados/as máis experimentados/as, mais tamén supoñen un reto para os que se inician na observación das aves. A súa plumaxe depende da súa idade e período do ano, o que unido ao grande parecido entre varias especies fai que aprender a identificalas non sempre sexa doado.
O litoral de Galicia é un magnífico lugar para a observación de gaivotas, xa sexa nas súas praias, rías, ou portos. En época de migración e durante os invernos é unha das zonas máis relevantes da Península Ibérica para observar un elevado número de especies, por iso moitos ornitólogos europeos visitan a nosa costa durante o inverno, incluso para observar gaivotas pouco frecuentes procedentes doutras rexións do planeta.