Continuando coa celebración do mes das aves, a nosa biblioteca e centro de documentación ambiental estrea a edición infantil das Conversas Naturalistas, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa biodiversidade nos seus diferentes ámbitos.
Esta primeira actividade estará centrada no mundo das aves, aprenderemos sobre a súa bioloxía, identificaremos algunhas das especies que se atopan na nosa contorna máis próxima, coñeceremos aqueles lugares onde podemos observalas con facilidade, ... mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que o levaron a introducirse na ornitoloxía, así como as lecturas que considera indispensables para iniciarnos no universo alado.
Contenido
