Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluidas as persoas autónomas, as Sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, para a ocupación do ámbito da especialidade de “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas" impartida no obradoiro de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial do obradoiro dual de emprego.
Bases para a convocatoria de axudas a empresas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego, "O Castro VII", promovido polo concello de Ribeira de Piquín, conxuntamente cos concellos de Castroverde, Pol, Riotorto e A Pastoriza, para a especialidade de: “repoboacións forestais e tratamentos silvícolas"
Concello de Ribeira de Piquín
Un (1) mes a contar desde o día seguinte á publicación das bases e convocatoria no BOP.
