Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Consulta sobre as capacidades para aportar solución innovadoras que combatan o coronavirus covid-19

Data da norma
Ámbito normativo
Galicia
Data de publicación
Clasificación
CONCURSOS PÚBLICOS
Ámbito
Galicia
Destinatarios

Empresas e centros de coñecemento

Obxecto

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), ten aberta unha chamada a todos os axentes do ecosistema galego de innovación que teñan algunha proposta ou proxecto que poida contribuír á loita contra o coronavirus. Búscanse solucións innovadoras que se poida desenvolver de xeito inmediato e que poderán ser presentadas ata o vindeiro venres 27 de marzo.

Trátase de proxectos para ámbitos directamente relacionados co brote de COVID-19, como, por exemplo, novos dispositivos de intervención ou tratamento; solucións innovadoras para fabricación de ventiladores invasivos; equipos de protección individuais ou colectivos (mascarillas, cortinas, traxes, gorros, luvas...); detección e destrución do virus; sistemas ou produtos de desinfección. Con esta iniciativa, a Xunta pon especial énfase na necesidade de innovar en servizos e produtos, e de poñer a I+D+i ao servizo de sociedade.

Convoca

Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain)

Prazo

Ata o venres 27 de marzo