Debido á COVID19, o Congreso Recuwaste que debía celebrarse este outono trasládase a outubro de 2021, na que será unha edición especial cos mellores contidos e prácticas internacionais. Pero a actualidade segue e a xestión dos recursos e residuos está nun momento de máximo despregamento lexislativo a nivel da UE e local, nun contexto de aceleración e tamén de incerteza, polo que este outono, os días 6 e 7 de outubro 2020 traémosche un programa de máxima actualidade con Recuwaste Virtual Sessions.
Analizaremos algunhas das consecuencias da crise sanitaria na economía e na sociedade, e faremos un repaso da man dos responsables públicos para coñecer e entender que decisións están a adoptarse e como nos afectarán.Tamén revisaremos aspectos da contratación pública cunha mirada crítica para axudar á mellora continua.
Contenido
