A Fundación CONAMA está a teletraballar preparando o Congreso Nacional de Medio Ambiente que se vai celebrar do 23 ao 26 de novembro.
Conama constrúese entre todos. Neste camiño de participación, os protagonistas serán os máis de 1.000 especialistas dos temas ambientais máis relevantes, que se implicarán colaborando en distintos comités, segundo as temáticas. Nestes grupos abordaranse cuestións que sirvan para contribuír a que a recuperación do país se leve a cabo abordando a crise climática e a protección dos recursos naturais e das persoas.
Dada a actual situación provocada pola crise do coronavirus, estes especialistas, polo momento celebrarán as súas reunións de forma on-line.
A partir de agora e durante os próximos meses, centos de expertos, académicos, empresas, administracións, organizacións ambientais e sociais compartirán nestes encontros os seus distintos enfoques para xerar novo coñecemento sobre cuestións ambientais.
Contenido
