O CICLO DA AUGA
Cómo garantir unha xestión eficiente, sostible e resiliente da auga? Este eixo pon o foco nas infraestruturas, control do consumo, reutilización, prevención da seca e a calidade da auga.
Veremos exemplos de concellos que están a modernizar os seus sistemas e a anticiparse aos desafíos climáticos.
XESTIÓN DE RESIDUOS
A economía circular é xa unha realidade. Nesta liña analizamos como están a actuar os concellos na recollida selectiva, compostaxe, implantación de novas taxas, educación ambiental e innovación na reciclaxe. Iniciativas que implican á cidadanía e melloran a eficiencia na xestión pública.
MOBILIDADE URBANA
Menos emisións, máis espazo para as persoas. Este eixo céntrase en modelos de mobilidade máis sostibles e inclusivos: transporte público eficiente, mobilidade activa, accesibilidade, zonas peonís, ou aparcadoiros disuasorios. Propostas que fan os centros urbanos máis habitables.
Contenido
