Inscrición previa
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será un dos fenómenos astronómicos máis salientables dos próximos anos en toda a Península Ibérica. A partir deste acontecemento excepcional, esta conferencia propón unha viaxe a través do tempo para descubrir a historia das eclipses e a fascinación que espertaron nas diferentes civilizacións ao longo dos séculos.
Explorarase como distintas culturas interpretaron estes fenómenos entre o medo, o mito e a relixión, e como a observación e o desenvolvemento da ciencia permitiron comprender a súa verdadeira natureza. Ademais, analizaranse algúns dos episodios históricos máis relevantes relacionados coas eclipses e o seu papel no avance do coñecemento astronómico.
A sesión tamén abordará a presenza das eclipses na arte, na literatura e na cultura popular, mostrando como inspiraron relatos, lendas, obras artísticas e reflexións filosóficas.
