Aberta ata o 8 de decembro.
A conferencia, organizada no marco da Rede Enterprise Europe Network por parte da Fundación madri+d e a Fundación Empresarial Eurochile busca dar visibilidade á achega da Economía Circular na mitigación do Cambio Climático así como promovela ás pemes españolas, chilenas, latinoamericanas e europeas, difundindo experiencias e boas prácticas de Europa e América Latina.
Este evento, está dirixido a pemes, grandes empresas, investigadores, emprendedores e innovadores, representantes de entidades públicas nacionais e locais, asociacións, academia e sociedade civil.
Durante a sesión da tarde contarase cun espazo para Encontros Bilaterais Internacionais (Brokerage) entre os participantes e fomentar o desenvolvemento de cooperación nacional e internacional para apoiar a transición a unha Economía Circular, a formulación de colaboracións tecnolóxicas e a presentación de proxectos europeos internacionais a convocatorias competitivas.
