Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Conferencia das Nacións Unidas sobre a auga 2026: Consulta global en liña coas partes interesadas sobre os temas dos diálogos interactivos

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Nacións Unidas
Inscrición

Data límite de presentación de solicitudes é o 11 de abril de 2025.

Ámbito
Internacional
Contenido

A Conferencia de alto nivel das Nacións Unidas sobre a auga de 2026 para acelerar a implementación do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 6: Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todos, celebrarase nos Emiratos Árabes Unidos do 2 ao 4 de decembro de 2026, copatrocinada por Senegal e os Emiratos Árabes Unidos.
Convídase as organizacións non gobernamentais, as organizacións da sociedade civil, as institucións académicas, a comunidade científica, os pobos indíxenas e as comunidades locais, as persoas con discapacidade, o sector privado e as organizacións filantrópicas, e outros actores para contribuír coas súas achegas sobre os temas dos Diálogos interactivos da Conferencia das Nacións Unidas sobre a auga de 2026 a través dunha consulta mundial en liña entre as partes interesadas.