Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Coñece a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia: Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Xunta de Galicia e CEIDA
Inscrición

Formulario de inscrición

Ámbito
Galicia
Contenido

O programa MaB ( Man and Biosphere) creouse no ano 1971 cunha visión: promover unha conexión sustentable entre as persoas e a natureza. Cos anos, esta idea materializouse coa designación das "reservas de biosfera", laboratorios viventes que impulsan solucións baseadas na natureza para o desenvolvemento sustentable.
Este 2021 cúmprense 50 anos do programa, e a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia únese para homenaxear o traballo desenvolto durante este período, cun ciclo de xornadas que pretenden dar a coñecer a diversidade das reservas de biosfera galegas. A sexta das xornadas está dedicada á Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón.