Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Coñece a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia: Reserva de Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX)

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
Xunta e CEIDA
Inscrición

Formularo de inscrición

Ámbito
Galicia
Contenido

O programa MaB (Man and Biosphere) creouse no ano 1971 cunha visión: promover unha conexión sostible entre as persoas e a natureza. Cos anos, esta idea materializouse coa designación das "reservas de biosfera", laboratorios vivintes que impulsan solucións baseadas na natureza para o desenvolvemento sostible.
Este 2021 cúmprense 50 anos do programa, e a Rede de Reservas de Biosfera de Galicia únense para homenaxear o traballo desenvolvido durante este período, cun ciclo de xornadas que pretenden dar a coñecer a diversidade das reservas de biosfera galegas. A segunda das xornadas está adicada á Reserva de Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).