2 modalidades de participación: os alumnos poden participar cos seus debuxos colectivamente dende o colexio, ou individualmente dende a casa.
Concurso de debuxo dirixido a alumnos de infantil e primaria (3 a 12 anos), aberto a toda a Comunidade Educativa Galega, sobre a importancia da correcta reciclaxe dos RAEE tanto para a saúde do noso planeta como para a nosa propia saúde. A finalidade principal é a de resaltar o papel que xoga a contorna escolar na vida das nenas e nenos de Galicia, facendo especial fincapé na vinculación entre a casa e o colexio.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os SCRAP dos RAEE, en colaboración cos Bolechas.
O prazo de participación no concurso comeza o 6 de Maio ás 08:00 horas e remata o 31 de Maio ás 00:00 horas.
