Poderán participar no concurso aqueles proxectos que fosen cofinanciados por algún dos fondos europeos citados no primeiro parágrafo da Cláusula Primeira, tanto no marco do período 2014-2020 como do período 2021-2027. 2. 3.
O proxecto debe enmarcarse nunha das categorías do concurso recollidas na Cláusula Segunda.
Un mesmo proxecto non pode presentarse en varias categorías.
As solicitudes deberán ser presentadas polo promotor do proxecto (é dicir, a organización responsable da execución do proxecto) ou o beneficiario.
O concurso ten o obxectivo de seleccionar, premiar, comunicar e difundir proxectos que recibisen financiamento por parte de fondos europeos de xestión compartida .
Categoría #EuropaXunta é máis Verde e Conectada, onde poderán competir proxectos orientados, entre outras cousas, á transición enerxética, ás enerxías renovables, á loita contra o cambio climático, á agricultura sostible, á protección do medioambiente, á rehabilitación ambiental, á biodiversidade, á economía circular, á mobilidade sostible, ao transporte respectuoso co medio ambiente e a favorecer a intermodalidade e o movemento eficiente e seguro das persoas.
Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos (DXCFE) do Consellería de Facenda e Administración Pública
Antes das 15:00 horas do día 13 de xuño de 2025
