Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Climathon Galicia 2019: Cambiemos nós, e non o clima

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Inscrición

Aberto dende hoxe ata o 24/10.

Ámbito
Galicia
Contenido

CLIMATHON é unha maratón mundial de xeito simultáneo sobre cambio climático posta en marcha por Climate-KIC. Queremos concienciar ás xeracións presentes e futuras sobre este problema e tentar de acadar solucións definidas a desafíos concretos.
A meta común é recoller o maior número de propostas viables de cara á loita contra o cambio climático a través dun formato de tormenta de ideas. Contaremos con relatores de gran nivel dentro destes ámbitos, así coma cun equipo de dinamizadores profesionais que guiarán e axudarán aos participantes durante o traballo en equipo para atopar propostas innovadoras, entre as que se escollerá unha gañadora.
CLIMATHON GALICIA é unha oportunidade para xerar un diálogo aberto, inclusivo, participativo e transparente e fomentar o intercambio de ideas para cumprir os obxectivos de cambio climático e tamén os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles da Axenda 2030 de Nacións Unidas.