Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
ADEGA
Ámbito
Galicia
Contenido
Petiscos de natureza é un ciclo de charlas organizadas pola delegación de ADEGA Vigo e O Morrazo, cuxo obxectivo é dar a coñecer a fauna e flora da nosa contorna. Cada petisco axudaranos a entender mellor as especies que habitan ao noso carón: a súa identificación, como viven, as súas ameazas e que podemos facer por conservalas.
Non se require inscrición previa. Entrada libre ata completar aforo.
