Esta semana celebraremos, un ano máis, o Día da Terra e o Día do Libro (22 e 23 de abril), lendo a natureza!
Dende o CEIDA animan a participar na campaña que novamente poñen en marcha nas nosas redes sociais, onde a natureza e os libros son os protagonistas.
Grava un vídeo de 60 segundos (máximo) recomendando ou lendo algún parágrafo dun libro de contido ambiental. Poden ser obras literarias dirixidas a público adulto, infantil ou xuvenil; guías de natureza; ensaios, obras técnicas...
Compárteo nas túas redes sociais co cancelo #LendoNatureza e nomea ou etiqueta ao CEIDA (@ceidagalicia)
Se non tes posibilidade de compartilo directamente nas redes, podes envialo a difusion@ceida.org ou ao teléfono 638 16 93 16 (whatssap ou telegram).
Os vídeos poden compartirse dende o 19 ao 23 de abril.
Contenido
