Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Cara a onde vai o noso urbanismo

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Ámbito
Galicia
Contenido

Espazo de debate e de reflexión, a través da intervención de recoñecidos expertos no ámbito urbanístico, sobre o futuro da planificación urbanística e do papel das cidades.
Catro mesas redondas para abrir un debate entorno a esta cuestión e a afección da crise sanitaria pola pandemia do Covid-19.
Nestas sesións ‘on line’ tamén se abordarán outras cuestións como fomentar a humanización das cidades e a participación cidadá no urbanismo.
A primeira das catro actividades celebrarase o 27 de maio, baixo o título A necesidade de repensar as nosas cidades tras a pandemia: unha visión global. A segunda será A complexidade da cidade: cidades intelixentes e cidades humanas (3 de xuño), a terceira versará sobre a planificación urbanística como ferramenta para combater o cambio climático: xestión de riscos, mobilidade e saúde (10 de xuño). A derradeira charla on line será o 17 de xuño e centrarase na participación pública no urbanismo: como transitar cara a unha participación real.