Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Consellería de Política Social.
Ámbito
Galicia
Contenido
O campo de voluntariado desenvolverase, fundamentalmente, no núcleo de Ponteceso e na praia de Valarés, así como no propio contorno natural da dita praia.
Os traballos ambientais que se levarán a cabo serán os seguintes:
Limpeza da maleza e dos restrollos da ruta.
Identificación de todo tipo de patrimonio da ruta.
Sinalización da ruta.
Limpeza das zonas de lecer.
Recollida de lixo.
Limpeza do areal.
Pequenas reparacións.
Participación na montaxe do festival con outros/as voluntarios/as.
As persoas participantes recibirán asesoramento literario, histórico e ambiental no espazo do campo de voluntariado.
