Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

CAMPAÑA EDUCATIVA ITINERANTE SOBRE PREVENCIÓN E XESTIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Inscrición

Ata o 7/6/2019.

Ámbito
Galicia
Contenido

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia ten como un dos seus obxectivos fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos e, especificamente, a prevención do desperdicio alimentario.
Con este fin porase a disposición dos concellos unha CAMPAÑA EDUCATIVA ITINERANTE durante os meses de xuño de xullo, abordando aspectos relativos á xestión dos residuos domésticos, prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe, compostaxe e desperdicio alimentario.

Esta campaña consta dunha exposición composta por 6 paneis, proxección audiovisual de contido ambiental, realización de charlas divulgativas e actividades dinámicas dirixidas ao público xuvenil e monitorizadas por un equipo de educadores ambientais, que instalarán/recollerán os paneis e atenderán as dúbidas dos visitantes.