Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Ecoembes.
Ámbito
Estatal
Contenido
Proxecto ambiental co obxectivo de concienciar sobre a conservación da contorna do Camiño de Santiago a través da reciclaxe.
Unha iniciativa á que se une a Xunta de Galicia, a Junta de Castilla y León, o Principado de Asturias, Cogersa, o Gobierno de La Rioja, e o Goberno de Cantabria, e que abarca todos os tramos do Camiño Francés, Camiño do Norte, Camiño Portugués e Camiño Lebaniego que pasan por estas comunidades facilitando a reciclaxe ao longo do percorrido.
Así, a través do poder da colaboración entre ecoperegrinos e albergues colaboradores – ecoalbergues-, conseguiremos manter un Camiño libre de lixo, pero cheo de vivencias e natureza. Porque hai mil formas de vivilo, pero só una de conservalo: reciclando.
