Consultar ligazón
A Comisión Europea abre unha convocatoria para formar parte do grupo de expertos que implementarán a Estratexia sobre Substancias Químicas para a Sustentabilidade.
A principal tarefa do grupo será apoiar á Comisión na consecución dos obxectivos da Estratexia sobre Substancias Químicas para a Sustentabilidade en diálogo coas partes interesadas, supervisar os avances na aplicación da Estratexia e apoiar a transición cara a substancias químicas seguras e sustentables e cara a un medio ambiente libre de tóxicos. Prevese que os debates se centren, en particular, en como facer que a lexislación sobre produtos químicos funcione de maneira máis eficiente e eficaz e como impulsar o desenvolvemento e a adopción de produtos químicos innovadores seguros e sustentables en todos os sectores. Os debates do grupo non substituirán ás consultas formais sobre as iniciativas específicas anunciadas na Estratexia, incluídas as próximas propostas legais.
European Commission
A convocatoria permanecerá aberta ata o 18 de marzo de 2021.
