O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todas as entidades galegas o Ciclo de Cine Ambiental e Solidario Butaca Verde, co obxectivo de fomentar e facilitar a realización de actividades de carácter ambiental e provocar, con elas, a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.
Esta actividade ofrece en préstamo 20 documentais que recollen algunhas das principais problemáticas ambientais e sociais dos nosos días.
Poden solicitalos todas aquelas persoas ou entidades (concellos, centros educativos - recomendable para secundaria ou ciclos formativos-, asociacións, entidades culturais, colectivos, etc.) que dispoñan dun espazo habilitado para as proxecións, que deberán realizarse de maneira pública e gratuita.
Contenido
