Nacionalidade española.
É requisito imprescindible acharse en posesión do título de doutor por unha universidade española ou estranxeira, no momento da presentación da solicitude. Nesta convocatoria darase preferencia aos candidatos que obtivesen o grao de doutor entre 2016 e 2020.
Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación estranxeiro para o curso 2020/2021.
Coñecemento suficiente do inglés ou do idioma do país de destino.
Nesta XXXII Convocatoria, a Fundación Ramón Areces adxudicará vinte e dúas Bolsas para a realización de estudos en universidades e centros de investigación no estranxeiro, durante o curso académico 2020/2021 sobre temas relacionados coas Ciencias da Vida e da Materia. A convocatoria do presente ano está orientada cara aos campos de:
• Biomedicina
• Química
• Física e Matemáticas
• Preservación da Biosfera
Fundación Ramón Areces
Dende o 2 ao 31 de marzo de 2020
