Poderán solicitar estas axudas as persoas residentes no Concello de Monforte de Lemos que os servizos sociais valoren que se atopan en situación ou risco de exclusión social que cumpran os requisitos de acceso establecidos no punto 5º e as condicións reguladas nas bases (dispoñibles na seguinte dirección www.monfortedelemos.es)
Prestacións económicas non periódicas destinadas a paliar situacións transitorias de necesidade social relacionadas co pago de subministracións básicas de enerxía eléctrica, gas, gasoil de calefacción e outras fontes de enerxía da vivenda, das persoas e/ou familias que se atopen nunha situación de vulnerabilidade social que teñan a súa residencia no ámbito municipal de Monforte de Lemos coa finalidade de asegurar o acceso continuado a estas subministracións básicas promovendo a mellora da eficiencia enerxética e reforzando os procesos de inclusión social.
Ministerio de Facenda
Aberto ata o 23 de decembro de 2022.
