Poderán acollerse a estas axudas as mancomunidades e comunidades de montes en man común, que sexan propietarias de parcelas de monte no termo municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa.
A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa e convocar a concesión, para o ano 2019 de AXUDAS A PROXECTOS DE ACTUACIÓNS PREVENTIVAS E/OU OBRA FORESTAL DESTINADAS Á PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS E PROTECCIÓN DOS MONTES no ámbito do Concello de Vilagarcía de Arousa, coa finalidade de colaborar dunha forma activa na protección dos montes do municipio apoiando a posta en marcha de proxectos forestais que persigan a finalidade de defensa e protección do monte contra os incendios forestais.
Concello de Vilagarcía de Arousa
20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.
