Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Bases reguladoras da I edición dos premios á excelencia empresarial axenda urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela

Data da norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito normativo
Local
Data de publicación
Publicación
Número
197
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Local
Destinatarios

Poderán resultar beneficiarias as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, ao menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal for o seu campo de actividade. Na base terceira defínense as categorías ás que poderán optar as empresas de Santiago de Compostela podendo, cada unha delas, presentar a súa candidatura a varias categorías.

Obxecto

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 é premiar ás empresas que se distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da “Axenda Urbana 2030” de Santiago de Compostela e, tamén, boas prácticas de empresas de economía social.

Convoca

Concello de Santiago de Compostela

Prazo

Quince días naturais a contar desde o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no BOP.