Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria aquelas asociacións de protección animal, legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía e que teñan subscrito o convenio marco de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e as asociacións de protección e defensa dos animais para a participación na xestión da rede provincial de centros de recollida de animais abandonados.
O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, de subvencións para sufragar os gastos derivados da xestión de animais procedentes dos centros de acollida da rede provincial, mediante a convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, nos exercicios 2024 e 2025.
Consultar Bases reguladoras da convocatoria do concurso público: páxina 2.
Consultar Extracto da convocatoria do concurso público: páxina 29.
Deputación Provincial de Ourense
