Consultar 3.- Requisitos e condicións esixidos ós/ás candidatos/as.
O obxecto das presentes bases é regular o proceso selectivo para cubrir como persoal laboral temporal mediante concurso-oposición, 5 prazas de peón forestal para o mantenemento dos espazos naturais dos municipios que conforman a Mancomunidade de municipios da “Terra Chá”, ao abeiro da subvención “ORDE do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia”.
Mancomunidade Terra Chá
Prazo de 5 (cinco) días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia Lugo.
