Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Bases da segunda edición do concurso Reacción polo Clima, dirixido á mocidade da provincia de Pontevedra, ano 2021.

Data da norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito normativo
Local
Data de publicación
Publicación
Número
50
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Local
Destinatarios

Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
• Persoas físicas
— Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude
— Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra
• Persoas xurídicas
— Ser entidades que teñan a súa sede fiscal na provincia de Pontevedra
— Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras da segunda edición do concurso Reacción polo Clima, que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais nas que se denuncie a situación do planeta e se propoñan actuacións para combater a contaminación, entre outros aspectos, e, deste xeito, potenciar o talento da mocidade e mostrar as súas reivindicacións neste ámbito.

Convoca

Deputación Provincial de Pontevedra

Prazo

Dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.