Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Axudas destinadas a compensar ao sector marisqueiro da ría do Burgo (A Coruña) pola suspensión temporal da súa actividade.

Data da norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito normativo
Estatal
Data de publicación
Número
184
Páxina
111474
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Ámbito
Estatal
Destinatarios

A Confraría de Pescadores da Coruña, beneficiario da subvención, destinaraa a compensar ás mariscadoras e os mariscadores, socios da Confraría que ao 11 de febreiro de 2022, estivesen en posesión do permiso de explotación de marisqueo en vigor, por ser afectados os seus plans de explotación, concesións ou autorizacións dentro da zona declarada pola Disposición adicional sexta da Orde do 21 de decembro de 2020 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023, que figuren de alta no réxime especial da Seguridade Social do Mar.

Obxecto

Asistir e apoiar aos afectados pola suspensión da actividade marisqueira na ría do Burgo (A Coruña), como consecuencia da execución polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico das obras correspondentes ao proxecto de dragaxe ambiental dos sedimentos da ría do Burgo, acordada por Ordes da Consellería do Mar da Xunta de Galicia do 28 de setembro de 2020 e do 21 de decembro de 2020, pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023.

Convoca

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Prazo

-