A convocatoria EUCF está dirixida a todas as entidades locais e agrupacións de entidades locais dos 27 Estados membros da Unión Europea e do Reino Unido, que dispoñan de:
• O código NUTS III (Nomenclatura de unidade Territorial) ou LAU (Unidade Administrativa Local).
• Un plan de acción de Enerxía sostible aprobado politicamente (PAES, PACES, ou plans de similar alcance e ambición).
• Unha carta de apoio do seu alcalde ou outro representante político electo.
A European City Facility é unha iniciativa creada no marco do programa de investigación e innovación da Unión Europea, Horizonte 2020: un instrumento de asesoramento, formación e apoio financeiro a medida, áxil e simplificado (pago único de 60.000 €) que se concederá a ao redor de 200 entidades locais, para facilitarlles o desenvolvemento do que se denominaron ‘conceptos de investimento’, como primeiro paso cara ao desenvolvemento de plans sólidos de investimento en enerxía sostible.
Comisión Europea
Ata o 2 de outubro do 2020.
