Ata o 21 de abril
Servizo gratuíto de apoio para a tramitación administrativa da constitución de novas empresas verdes e/ou azuis que ten como obxectivo facilitar a súa creación, o inicio efectivo da súa actividade e o seu desenvolvemento, a través da prestación de servizos de información, tramitación de documentación e asesoramento. Contarás con asesoría especializada e está dirixido a persoas cun proxecto ou negocio no ámbito da economía verde ou azul que queiran constituílo legalmente.
Este servizo de asesoramento é unha actuación gratuíta da Rede Emprendeverde (REV) do Programa Empleaverde posto en marcha pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
