Prazo aberto ata o 25 de febreiro de 2021.
Programa do INDOC pensado para promover o coñecemento e investigación de experiencias de turismo cultural sobre arte e natureza en Europa. Busca insinuar outras miradas posibles á arte pública, onde os asistentes non só contemplan as obras ou modos de traballo, senón tamén o seu sentido social, ambiental e turístico. Así mesmo, trata de conectar persoas para o fortalecemento de redes de traballo entre artistas, paisajistas e espazos expositivos nun contexto máis aló do local.
As sesións viran ao redor de tres eixos: achegamento ao lugar e o seu contexto natural, social e cultural; comprensión da importancia do proxecto no que se refire ao turismo cultural baseado na paisaxe e na arte contemporánea; coñecemento de redes de traballo de arte contemporánea en cada zona.
