Poderán participar todas as persoas que o desexen de calquera país sen límite de idade. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
A convocatoria pública da primeira edición de “Art On Climate ( Act On Climate)”, Concurso Internacional de ilustración sobre o cambio climático – Premio Allianz Global Investors 2019, nace coa vocación de ter un carácter bienal e internacional. A iniciativa enmárcase dentro dos obxectivos de desenvolvemento sostible do Pacto Mundial de Nacións Unidas.
Os artistas gráficos deberán presentar obras orixinais ao redor do tema “Cambio climático”, co obxectivo de dar visibilidade a posibles solucións, máis que unha representación catastrofista do problema.
Allianz Global Investors.
Ata peche de febreiro de 2020.
