Consultar 2.- Requisitos.
Confeccionar unhas Bases Específicas e convocatoria para a categoría de Técnico/a de Medio Ambiente, de persoal funcionario/a interino/a co fin de dar cobertura interina á vacante contida na RPT con código 03.02.02.02, Grupo C, subgrupo C1 ata que poida ser cuberta de forma definitiva, con un nomeamento que non poderá superar un prazo máximo de tres (3) anos, e en todo caso, deberá incluírse este posto na primeira Oferta de Emprego Público que sexa posible, e elaborar unha listaxe de reserva de nomeamentos e contratación de persoal temporal na mencionada categoría.
Aquelas persoas que superen o proceso selectivo pasarán a formar parte da listaxe de selección de persoal temporal no Concello de Ponteareas, coa finalidade de ser utilizadas como sistema preferente para a cobertura de contratacións e nomeamentos de carácter temporal, para prazas ou postos de traballo na categoría de Técnico/a de Medio Ambiente, grupo C, subgrupo C1.
Concello de Ponteareas
20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación das Bases xunto coa convocatoria no BOP de Pontevedra.
